Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como C.SOCIALES

O Legado Romano

Imagen
HOLA RAPACES!!!!! Qué tal a derradeira semana do curso ??? Seguro que moi ben , pois xa estamos a rematar .  Hoxe imos ver qué nos deixaron os romanos na Península Ibérica a isto vámoslle chamar "O LEGADO ROMANO" A tarefa vai consistir en facer un esquema dos apuntamentos nos vosos cadernos. O LEGADO ROMANO As cidades de Hispania Os romanos fundaron moitas cidades en Hispania que  imitaban os costumes de Roma.  Por exemplo, Tarraco (Tarragona), Emerita Augusta (Mérida) ou Caesar  Augusta (Zaragoza). Eran cidades amuralladas e con  rúas rectas. O foro era a praza principal e o lugar onde  se encontraban os edificios máis importantes. Os romanos realizaron construcións moi sólidas con  materiais como o cemento e o formigón. Edificaron diferentes tipos de construcións. Tiñan anfiteatros,  onde se celebraban loitas de gladiadores e  feras; teatros, onde os actores representaban comedias  e traxedias; e circos, onde se organizaba...

ROMA

Imagen
Ol@ chicos e seguimos con ROMA . IMAXINO QUE O VIDEO VOS GUSTOU MOITO!!!!! POIS HOXE IMOS VER CÓMO VIVÍAN OS ROMANOS A sociedade hispanorromana A poboación de Hispania dividíase en dous  grupos: os escravos e as persoas libres.  Os escravos  eran propiedade doutra persoa  e non tiñan dereitos. A súa vida pertencía  aos seus amos e non tiñan bens  propios. Traballaban no campo, no servizo  doméstico, nas minas ou como gladiadores. As persoas libres  eran os demais habitantes. Había homes e mulleres moi ricos, como  os patricios. Pero a maioría das persoas  eran humildes: artesáns, pequenos comerciantes  e campesiños. Estes coñecíanse  como plebeos. As vivendas dos romanos Mentres que no campo existían as villae, nas  cidades había dous tipos de vivendas: as insulae,  para os plebeos; e as domus, para os PATRICIOS. As insulae  eran as vivendas das persoas  pobres. Nelas vivían varias familias...

O Imperio Romao

Imagen
Ola chic@s!!!! Hoy comenza a semana e imos ver un tema novo " O IMPERIO ROMANO". Antes de nada imos ver cómo se formou e nada mellor que acompañalo dun video explicativo que está xenial!!! Poñede moita atención. O Imperio romano No centro da península de Italia vivían tribos que no ano  753 a.C. se uniron e fundaron a cidade de Roma. Os romanos crearon un grande imperio.   Primeiro,  Roma conquistou toda a península itálica e, despois, estendeuse pola costa mediterránea. Para iso, os romanos  tiveron que vencer numerosos pobos, o que  conseguiron grazas ás súas lexións. O Imperio romano durou ata o ano 476, ano en que foi  deposto o último emperador romano, Rómulo Augusto. A conquista de Hispania Os cartaxineses e os romanos enfrontáronse nas guerras púnicas. Por iso, no ano 218 a.C., os romanos chegaron á península ibérica, venceron os cartaxineses e expulsáronos. Despois, os romanos comezaron a conquista da Península, á que lle chamaron...

Os pobos Prerromanos

Imagen
Ola rapaces!!!!! Hoxe para rematar a semana imos ver un novo tema " OS POBOS PRERROMANOS NA PEÍNSULA IBÉRICA" A TAREFA VAI CONSISTIR EN FACER UN ESQUEMA NOS VOSOS CADERNOS SOBRE AS CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DOS ÍBEROS E DOS CELTAS  No primeiro milenio antes de Cristo, a península ibérica estaba habitada por dous pobos distintos: os iberos e os celtas.  Os iberos Os pobos iberos ocuparon as terras do sur e  do leste da península ibérica. Vivían en grandes poboados amurallados  construídos en zonas elevadas para facilitar  a súa defensa. As súas casas eran rectangulares e aliñábanse formando rúas. Os iberos organizábanse en tribos. Moitas  delas estaban gobernadas por un rei. A maioría da poboación dedicábase á agricultura  e á gandaría. Ademais, os iberos  eran expertos artesáns. Fabricaban espadas  de ferro, cerámica e tecidos. Os pobos iberos coñecían a escritura e tiñan  a súa propia moeda. Con ela comerciaban...

A Idade Antiga

Ola rapazada hoxe imos ver unhas preguntas sinxelas que tedes que contestar nos vosos cadernos non vós esquezades do orde e da limpeza. PREGUNTAS: 1ºQue son as pinturas rupestres? .2º Explica o que son os monumentos megalíticos. . 3ºCando comezou a Idade dos Metais? 4ºQue metais se utilizaron? 5ºCal foi o primeiro que se empregou? Que inventos xurdiron nesta época? 6º Pensa e explica por que a vela e a roda favoreceron o comercio SOLUCIÓNS: 1ºAs pinturas rupestres ou «pintura das rochas» son aquelas que realizaban os seres humanos da prehistoria sobre as paredes de rocha e os teitos das covas. 2 º Desde finais do Neolítico, os seres humanos construíron monumentos con grandes pedras, aos que se lles chama monumentos megalíticos. Os máis importantes eran os menhires, os dolmens e os crómlechs. 3ºA Idade dos Metais comezou hai uns 7.000 anos. 4º Primeiro empregouse o cobre; máis tarde, o bronce; e finalmente, o ferro.  5ºNesta época inventáronse o arado,...

Historia Antiga na Península Ibérica

Imagen
Ola chic@s!!!! Hoxe comenzamos tema novo. Empezamos cá Historia Antiga na Península Ibérica E  os pobos que habitaban nela que eran: os íberos e os Celtas. Imos ver as principais características deles. Lede con atención e mirade o video explicativo para poder facer logo un resumo dos pobos prerromanos nos vosos cadernos e non esquezades  a orde , limpeza e caligrafía . A IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA: OS POBOS PRERROMANOS Os iberos Os pobos iberos ocuparon as terras do sur e do leste da península ibérica. Vivían en grandes poboados amurallados construídos en zonas elevadas para facilitara súa defensa. As súas casas eran rectangulares e aliñábanse formando rúas. Os iberos organizábanse en tribos. Moitas delas estaban gobernadas por un rei. A maioría da poboación dedicábase á agricultura e á gandaría. Ademais, os iberoseran expertos artesáns. Fabricaban espadas de ferro, cerámica e tecidos. Os pobos iberos coñecían a escritura e tiñan a súa propia moeda. Con el...

Monumentos Megaliticos

Imagen
Ol@ chicos !!!! Hoxe rematamos o tema da prehistoria e da arte nela cós MONUMENTOS MEGALÍTICOS. A tarefa de hoxe consiste en facer un esquema dos monumentos e facer o debuxo dos  mesmos. Os monumentos megalíticos Desde o final do Neolítico, as persoas construíron monumentos con grandes pedras chamadas megálitos. Por iso, estas construcións reciben o nome de monumentos megalíticos. Os principais monumentos megalíticos eran os menhires, os dólmens e os crómlechs.  Os menhires  son grandes pedras alongadas  espetadas verticalmente no chan. Os dolmens  son grandes pedras verticais  cubertas por unha lousa. Os crómlechs  son grandes pedras verticais  que forman un círculo. O MÁIS FAMOSO DO MUNDO É O DE STONEHENGE EN INGLATERRA!!!! QUÉ É O DA FOTOGRAFÍA!!!!! MIRADE CON ATENCIÓN O VIDEO EXPLICATIVO DOS MONUMENTOS MEGALÍTICOS!!!!

Arte rupestre

Imagen
Ola chic@s!!!!! qué tal cá arte rupestre é para alucinar,non sí???? Pois ben a tarefa de hoxe vai consistir en que tedes que facer vós a vosa propia pintura rupestre , podedes utilizar calquera soporte : unha pedra , madeira , cartulina, folio..... o que querades !!!!! Pero sede creativos e logo mandades unha foto da vosa obra. DEICA LOGO!!!!!! NESTES VIDEOS  PODEDES VER UN EXEMPLO DE GUÍA:

Arte rupestre

Imagen
Ola chic@s!!! Un día máis e comenzamos a semana. Hoxe imos ver a arte rupestre. As pinturas rupestres Os seres humanos da prehistoria decoraban  as paredes e os teitos das súas covas con  pinturas. Por iso, coñécese este tipo de manifestación  artística como pintura rupestre,  que significa «pintura das rochas». Utilizaban cores moi vivas que obtiñan machucando  minerais e mesturándoos con graxa animal. Por exemplo,  o negro  obtíñano do carbón;  a cor amarela , do ocre; e a cor  vermella,  do manganeso. Para aplicar a cor utilizaban as mans e pinceis  feitos con pelos de animais PINTURA DO PALEOLÍTCO: Durante o Paleolítico, adoitaban pintar animais en manda ou illados. PINTURA DO NEOLÍTICO No Neolítico, aínda que os animais seguían  aparecendo, empezáronse a representar grupos  de persoas realizando actividades cotiás,  a caza ou a danza. AS PINTURAS RUPESTRES NA PENÍNSULA Na península ibérica des...

A Idade dos Metais

Imagen
Ola ne@s !!!!! imos có último período da prehistoria: A IDADE DOS METAIS A Idade dos Metais é o último dos períodos en que se divide a prehistoria. Os primeiros obxectos de metal Hai uns 7.000 anos, as persoas comezaron a fundir e forxar os metais para fabricar obxectos. Por iso, este período coñécese como a Idade dos Metais. Primeiro empregaron o cobre, máis tarde o bronce e finalmente o ferro. Con estes metais facían armas, como espadas e machadas; adornos, como broches ou brazaletes; e ferramentas, como aixadas e fouces. Os obxectos de metal eran ademais moito máis resistentes ca os que se fabricaban con pedra en épocas anteriores. Da aldea á cidade As aldeas ricas en metais pouco a pouco foron crecendo e convertéronse en poboados e, máis tarde, en cidades, algunhas delas habitadas por miles de persoas. As cidades estaban rodeadas por murallas. Os seus habitantes contaban cun xefe e con guerreiros que os protexían no caso de sufrir un ataque. Nas c...

O Neolítico

Imagen
Qué vós pareceu o video do NEOLÍTICO???? Atopádes diferenzas có PALEOLÍTICO????? Verdade que sí!!!!! Pois imos traballar hoxe có  Neolítico  ( Pedra Nova)  e as súas principais características que tedes que copiar nos vosos cadernos. Os primeiros agricultores e gandeiros Hai uns 10.000 anos, as persoas empezaron a reter en cercados algúns animais para asegurar a obtención de carne e leite. Deste xeito xurdiu a gandaría. As primeiras especies domesticadas foron a cabra, a ovella, o boi, o cabalo e o can. Ao mesmo tempo, déronse de conta de que se unha semente caía no chan, nese mesmo lugar, medraba unha nova planta. Así xurdiu a agricultura. As primeiras especies cultivadas foron o trigo e o arroz. Neolítico significa «pedra nova» e refírese á técnica coa que se fabricában ferramentas nesta época As primeiras aldeas Para cultivar as plantas e coidar o gando, as tribos tiñan que vivir preto das terras e dos animais. Por iso, asentáronse nun lu...

O Neolítico

Imagen
Ola chic@s!!!!! Outra semana máis e outro día menos. Imos dar resposta as preguntas do derradeiro día. SOLUCIÓNS  1ºViven ao aire libre e en covas. 2º Están preto dun río porque nel consiguen peixes e auga para beber. •3º Os membros da tribo repartían as tarefas: uns cazaban, outros recollían froitos e outros fabricaban ferramentas. • 4ºVestíanse con peles de animais. •5º Alimentábanse das presas que cazaban ou pescaban e mais da recolección de froitos silvestres. •6º O lume usábano para quentarse e para cociñar os alimentos que cazaban, pescaban ou recollían. •7º Con pedra fabricaban bifaces ou coitelos, raspadores para traballar a pel ou puntas de frecha para cazar. Xeralmente, utilizaban o sílex, que era un tipo de pedra á que era doado tallar. ESTUPENDO!!!!!!! HOXE IMOS VER O SEGUINTE PERÍODO DA PREHISTORIA  : O NEOLÍTICO Poñede especial interese no video que ven a continuación:

O Paleolítico

Imagen
Ola chic@s!!!!! CÓmo levades A PREHISTORIA????? Seguro qué moi ben!!!!! Hoxe imos falar da primeira etapa da PREHISTORIA: O PALEOLÍTICO é a máis antiga de todas , tamén chámase "PEDRA  ANTIGA" Os primeiros poboadores O Paleolítico:  transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría. Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas. Eran NÓMADAS e trasladábanse dun lugar a outro na procura de alimento. Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica que utilizaban os seres humanos deste período para fabricar ferramentas labrando a pedra. Como se alimentaban ????? As persoas vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos silvestres. Asentábanse en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí había máis vexetación, pesca e animais que se achegaban a beber. ...

O Paleolítico

Imagen
Ola de novo chic@s!!!!!! Hoxe vamos falar da primeira etapa da PREHISTORIA " O PALEOLÍTICO" MIRADE ISTE VIDEO CON MOITA ATENCIÓN: Os primeiros poboadores O Paleolítico  1 transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría. Os primeiros poboadores  da península ibérica chegaron desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas. Eran  nómades  e trasladábanse dun lugar a outro na procura de alimento. Paleolítico significa «pedra antiga»  e fai referencia á técnica que utilizaban os seres humanos deste período para fabricar ferramentas labrando a pedra. Como se alimentaban As persoas vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos silvestres. Asentábanse en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí había máis vexetación, pesca e animais que se achegaban a beber. Cando esgotaban os recursos dunha zon...

A prehistoria

Imagen
Ola nenos!!!! Seguro que tedes falar da prehistoria, non sí???Mirade este video La  Prehistoria  É A ETAPA QUE VAI DENDE  O ORIXE DO SER HUMANO ATA  A INVENCIÓN DA ESCRITURA ( FAI APROXIMADAMENTE 5 MILLLONS DE ANOS)  Qué vos parece se debuxades un home ou unha muller prehistórico?????  A PREHISTORIA VAISE DIVIDIR EN PALEOLÍTICO , NEOLÍTICO E IDADE DOS METAIS. Mirade neste resumo o orixen do home!!!!!! https://youtu.be/cJyuz5PAzJ0

Las edades de la historia

Imagen
Hala niños!!!!!! Hoy vamos a empezar con la historia!!!!!! Y qué mejor qué descubrir cuales son LAS EDADES DE LA HISTORIA Hoy os propongo un reto , serías capaces de hacer vuestra línea del tiempo????? Vuestra propia historia con los hechoa más significativos qué os han pasado desde que nacistéis. Aquí os dejo un ejemplo pero podéis ser super creativos. ÁNIMO!!!!!!!