Ol@ chic@s!!! Hoxe imos seguir avanzando no temario. Imos ver cómo poden ser as substancias??? Pois puras e mesturas As mesturas A maior parte das substancias que hai ao noso arredor son mesturas. Isto quere dicir que, en realidade, están formadas O aire : é unha mestura de varios gases, como o nitróxeno, o osíxeno, o dióxido de carbono e o vapor de auga, entre outros. A auga dun regato ou dun río parece pura, pero é unha mestura, pois contén pequenas cantidades de sales e aire, grazas á cal respiran peixes e anfibios. O granito : é unha rocha formada pola mestura de varios minerais, que se poden observar se se mira a rocha con atención. As substancias puras As substancias que están formadas por un só tipo de materia chámanse substancias puras. Son exemplos de substancias puras o osíxeno , o helio, o ouro, o sal de cociña e o azucre . Os minerais tamén son substancias puras. Para enten...