Ol@ chicos e seguimos con ROMA . IMAXINO QUE O VIDEO VOS GUSTOU MOITO!!!!! POIS HOXE IMOS VER CÓMO VIVÍAN OS ROMANOS A sociedade hispanorromana A poboación de Hispania dividíase en dous grupos: os escravos e as persoas libres. Os escravos eran propiedade doutra persoa e non tiñan dereitos. A súa vida pertencía aos seus amos e non tiñan bens propios. Traballaban no campo, no servizo doméstico, nas minas ou como gladiadores. As persoas libres eran os demais habitantes. Había homes e mulleres moi ricos, como os patricios. Pero a maioría das persoas eran humildes: artesáns, pequenos comerciantes e campesiños. Estes coñecíanse como plebeos. As vivendas dos romanos Mentres que no campo existían as villae, nas cidades había dous tipos de vivendas: as insulae, para os plebeos; e as domus, para os PATRICIOS. As insulae eran as vivendas das persoas pobres. Nelas vivían varias familias...