Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
17 de maio: Día das Letras Galegas Xa sei que hoxe é 15 de maio, pero como o 17 de maio cae  a domingo vou compartir con vós un pouco de información e unhas actividades para celebrar o día das nosas letras: As letras galegas. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e lingüista que naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990. Se estivésemos no cole, veríamos os cartaces qu...