Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 4 mayo

O Paleolítico

Imagen
Ola chic@s!!!!! CÓmo levades A PREHISTORIA????? Seguro qué moi ben!!!!! Hoxe imos falar da primeira etapa da PREHISTORIA: O PALEOLÍTICO é a máis antiga de todas , tamén chámase "PEDRA  ANTIGA" Os primeiros poboadores O Paleolítico:  transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría. Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas. Eran NÓMADAS e trasladábanse dun lugar a outro na procura de alimento. Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica que utilizaban os seres humanos deste período para fabricar ferramentas labrando a pedra. Como se alimentaban ????? As persoas vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos silvestres. Asentábanse en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí había máis vexetación, pesca e animais que se achegaban a beber. ...