O Paleolítico

Ola chic@s!!!!! CÓmo levades A PREHISTORIA????? Seguro qué moi ben!!!!!
Hoxe imos falar da primeira etapa da PREHISTORIA: O PALEOLÍTICO é a máis antiga de todas , tamén chámase "PEDRA  ANTIGA"

Os primeiros poboadores

O Paleolítico:  transcorre desde a aparición dos
seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o
descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría.

Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron
desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre,
en covas ou en chozas. Eran NÓMADAS e trasladábanse
dun lugar a outro na procura de alimento.
Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica
que utilizaban os seres humanos deste período
para fabricar ferramentas labrando a pedra.

Como se alimentaban ?????

As persoas vivían da caza, da pesca e da
recolección de froitos silvestres. Asentábanse
en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí
había máis vexetación, pesca e animais que
se achegaban a beber. Cando esgotaban os
recursos dunha zona trasladábanse a outra.
Dos animais obtiñan carne para alimentarse,
ósos para facer ferramentas e peles para protexerse
do frío ou construír chozas.
Ao principio, consumían os alimentos crus.
Despois, co descubrimento do lume, empezaron
a cociñalos.


A vida no Paleolítico


Durante o Paleolítico, os homes e as mulleres
xuntábanse en pequenos grupos chamados
tribos.
A vida era moi dura e moitas persoas morrían
novas polo frío, pola escaseza de alimentos
ou polas feridas producidas por algún animal.
Os membros da tribo repartían as tarefas: uns
cazaban, outros recolectaban e outros fabricaban
ferramentas con pedra labrada ou con
ósos.
Con pedra fabricaban bifaces e coitelos,
raspadores para traballar a pel ou puntas
de frecha para cazar. Polo xeral, utilizaban
o sílex, que era un tipo de pedra fácil de
darlle forma e moi resistente.
Con óso fabricaban arpóns para pescar e
agullas.
Podedes apuntar as ideas principais nos vosos cadernos e despois contestar a ista s preguntas sobre a seguinte imaxen:

1º Onde viven as persoas
da imaxe?
2 º Por que cres
que están preto dun río?
 3 ºA que se dedicaban?
  4º Como van vestidas?
  5 º De que cres que se
alimentaban?
6º  Para que pensas que usaban
o lume?
 7º  Que ferramentas utilizaban?
 8º  De que materiais estaban
feitas?
Ademáis deixovós un video explicativo do PALEOLÍTICO



Tedes a información na páxina 98 do voso libro de CCSS

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero