Ola a todos, hoxe repasaremos conceptos vistos nesta unidade. Faremos os exercicios 2 (AS FRASES FEITAS), 4 (CLASES DE ORACIÓNS), 5 (USO DOS DOUS PUNTOS) e 7 (SUXEITO E PREDICADO) da páxina 185. Aquí vos deixo as solucións.
Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria realizaron a gravación de podcast coincidindo co “x Aniversario do Festival do Libro”. Hoxe para reforzar estes coñecementos adquiridos, tiveron a oportunidade de realizar unha saída escolar ao Teatro Principal de Ourense onde se estaba gravando o programa de Onda Cero de Carlos Alsina. Os alumnos tiveron a oportunidade de coñecelo e aprender de como funciona a radio desde dentro. Queremos agradecer ao equipo de Onda Cero e Carlos Alsina pola súa sensibilidade e proximidade cos nosos alumnos.
Para rematar a semana o pasado venres os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha actividade na aula dinámica e moi motivante para eles, xa que a lingua galega nos costa un poquiño, quixemos facer dun ditado de palabras un pouco explosivo.
Comentarios
Publicar un comentario