Historia Antiga na Península Ibérica



Ola chic@s!!!! Hoxe comenzamos tema novo. Empezamos cá Historia Antiga na Península Ibérica E  os pobos que habitaban nela que eran: os íberos e os Celtas. Imos ver as principais características deles.
Lede con atención e mirade o video explicativo para poder facer logo un resumo dos pobos prerromanos nos vosos cadernos e non esquezades  a orde , limpeza e caligrafía .

A IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA: OS POBOS PRERROMANOS

Os iberos
Os pobos iberos ocuparon as terras do sur e do leste da península ibérica.
Vivían en grandes poboados amurallados construídos en zonas elevadas para facilitara súa defensa. As súas casas eran rectangulares e aliñábanse formando rúas.

Os iberos organizábanse en tribos. Moitas delas estaban gobernadas por un rei.
A maioría da poboación dedicábase á agricultura e á gandaría. Ademais, os iberoseran expertos artesáns. Fabricaban espadas
de ferro, cerámica e tecidos.

Os pobos iberos coñecían a escritura e tiñan a súa propia moeda. Con ela comerciaban con outros pobos, como os fenicios e os GREGOS

image.png


image.png


image.png



Os celtas
Os pobos celtas instaláronse no norte e no centro da península ibérica.
Vivían en poboados amurallados e elevados chamados castros.
As súas casas tiñan forma circular e distribuíanse de maneira de sor de na da. 
Os celtas organizábanse en tribos. A maioría deles dedicábase á gandaría. Ademais, os celtas eran especialistas na fabricación de obxectos de ferro e bronce, como ferramentas, adornos ou armas, que utilizaban os seus guerreiros. 
Os celtas descoñecían a escritura e non tiñan moeda propia.


image.png



image.png
Os iberos ocuparon o sur e o leste da península ibérica.
Os celtas, o norte e o centro da Península.
image.png

Podedes ver iste video explicativo dos ÍBEROS E DOS CELTAS na Península Ibérica

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero