O Neolítico

Qué vós pareceu o video do NEOLÍTICO???? Atopádes diferenzas có PALEOLÍTICO????? Verdade que sí!!!!!
Pois imos traballar hoxe có Neolítico ( Pedra Nova)  e as súas principais características que tedes que copiar nos vosos cadernos.

Os primeiros agricultores
e gandeiros

Hai uns 10.000 anos, as persoas empezaron a reter en
cercados algúns animais para asegurar a obtención de
carne e leite. Deste xeito xurdiu a gandaría. As primeiras
especies domesticadas foron a cabra, a ovella, o boi,
o cabalo e o can.
Ao mesmo tempo, déronse de conta de que se unha
semente caía no chan, nese mesmo lugar, medraba unha
nova planta. Así xurdiu a agricultura. As primeiras especies
cultivadas foron o trigo e o arroz.
Neolítico significa «pedra nova» e refírese á técnica coa que se fabricában ferramentas nesta época

As primeiras aldeas
Para cultivar as plantas e coidar o gando, as
tribos tiñan que vivir preto das terras e dos
animais. Por iso, asentáronse nun lugar fixo,
é dicir, convertéronse en sedentarias e formaron
aldeas.
As aldeas situábanse preto da beira dos ríos
para ter un fácil acceso á auga. Algunhas
construían arredor estacadas ou muros para
defenderse de ataques.
Os homes e as mulleres fóronse especializando
nun traballo: uns fixéronse agricultores,
outros gandeiros e outros artesáns.

Os primeiros artesáns
Nesta época elaborábanse ferramentas de
pedra puída, máis afiadas e duradeiras ca
as de pedra labrada.
As persoas fixeron ferramentas para cultivar
o terreo: aixadas para remover a terra, fouces
para cortar as espigas e muíños de man
para esmiuzar o cereal.


No Neolítico producíronse dous inventos


 1-A cerámica fabricábase con barro, que se
modelaba coas mans e despois cocíase en
fogueiras ou en fornos. Elaboraron vasillas
para gardar e conservar a colleita, olas para
cociñar, e pratos e cuncas para comer e
beber.
 2-O tear permitiu tecer e confeccionar tecidos
con la ou con liño.
Mirade que imaxen do NEOLÍTICO máis chula!!!!!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO