MATERIAIS ARTIFICIAIS

Qué tal cós materiais artificiais ????? Seguro que ben.Hoxe imos ver os principais tipos de materiais artificiais que temos ao noso carón.

O papel
O papel foi un dos materiais fundamentais para as persoas.

A materia prima da que se obtén é a madeira.

A cerámica
A produción de cerámica é moi antiga. Para obtela mestúrase
arxila con auga. Despois moldéanse as pezas e cócense
nun forno. Un exemplo moi común de cerámica é o ladrillo
que se usa na construción.

O ferro
O ferro, como a maioría dos metais, extráese
de diversos minerais. Para a súa produción
necesítanse altas temperaturas. 

O plástico
Os plásticos utilízanse desde comezos do
século XX. Caracterízanse por ser lixeiros,
baratos e fáciles de moldear. Na actualidade,
existen moitos tipos diferentes.
A maior parte dos plásticos obtéñense a partir
do petróleo. Un dos seus principais problemas
é que xeran moitos residuos, polo
que é moi importante reciclalos

RECORDADE: OS MATERIAIS ARTIFICIAIS NON SE ENCONTRAN DIRECTAMENTE NA NATUREZA , OBTÉÑENSE DAS MATERIAS PRIMAS NA INDUSTRIA.

A tarefa de hoxe é que apuntedes nos vosos cadernos o esquema dos materiais artificiais.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero