Ola chic@s!!!! Hoxe comenzamos tema novo. Empezamos cá Historia Antiga na Península Ibérica E os pobos que habitaban nela que eran: os íberos e os Celtas. Imos ver as principais características deles. Lede con atención e mirade o video explicativo para poder facer logo un resumo dos pobos prerromanos nos vosos cadernos e non esquezades a orde , limpeza e caligrafía . A IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA: OS POBOS PRERROMANOS Os iberos Os pobos iberos ocuparon as terras do sur e do leste da península ibérica. Vivían en grandes poboados amurallados construídos en zonas elevadas para facilitara súa defensa. As súas casas eran rectangulares e aliñábanse formando rúas. Os iberos organizábanse en tribos. Moitas delas estaban gobernadas por un rei. A maioría da poboación dedicábase á agricultura e á gandaría. Ademais, os iberoseran expertos artesáns. Fabricaban espadas de ferro, cerámica e tecidos. Os pobos iberos coñecían a escritura e tiñan a súa propia moeda. Con el...