Ola chic@s!!!! Hoy comenza a semana e imos ver un tema novo " O IMPERIO ROMANO". Antes de nada imos ver cómo se formou e nada mellor que acompañalo dun video explicativo que está xenial!!! Poñede moita atención. O Imperio romano No centro da península de Italia vivían tribos que no ano 753 a.C. se uniron e fundaron a cidade de Roma. Os romanos crearon un grande imperio. Primeiro, Roma conquistou toda a península itálica e, despois, estendeuse pola costa mediterránea. Para iso, os romanos tiveron que vencer numerosos pobos, o que conseguiron grazas ás súas lexións. O Imperio romano durou ata o ano 476, ano en que foi deposto o último emperador romano, Rómulo Augusto. A conquista de Hispania Os cartaxineses e os romanos enfrontáronse nas guerras púnicas. Por iso, no ano 218 a.C., os romanos chegaron á península ibérica, venceron os cartaxineses e expulsáronos. Despois, os romanos comezaron a conquista da Península, á que lle chamaron...