Ol@ chicos !!!! Hoxe rematamos o tema da prehistoria e da arte nela cós MONUMENTOS MEGALÍTICOS. A tarefa de hoxe consiste en facer un esquema dos monumentos e facer o debuxo dos mesmos. Os monumentos megalíticos Desde o final do Neolítico, as persoas construíron monumentos con grandes pedras chamadas megálitos. Por iso, estas construcións reciben o nome de monumentos megalíticos. Os principais monumentos megalíticos eran os menhires, os dólmens e os crómlechs. Os menhires son grandes pedras alongadas espetadas verticalmente no chan. Os dolmens son grandes pedras verticais cubertas por unha lousa. Os crómlechs son grandes pedras verticais que forman un círculo. O MÁIS FAMOSO DO MUNDO É O DE STONEHENGE EN INGLATERRA!!!! QUÉ É O DA FOTOGRAFÍA!!!!! MIRADE CON ATENCIÓN O VIDEO EXPLICATIVO DOS MONUMENTOS MEGALÍTICOS!!!!