Qué vós pareceu o video do NEOLÍTICO???? Atopádes diferenzas có PALEOLÍTICO????? Verdade que sí!!!!! Pois imos traballar hoxe có Neolítico ( Pedra Nova) e as súas principais características que tedes que copiar nos vosos cadernos. Os primeiros agricultores e gandeiros Hai uns 10.000 anos, as persoas empezaron a reter en cercados algúns animais para asegurar a obtención de carne e leite. Deste xeito xurdiu a gandaría. As primeiras especies domesticadas foron a cabra, a ovella, o boi, o cabalo e o can. Ao mesmo tempo, déronse de conta de que se unha semente caía no chan, nese mesmo lugar, medraba unha nova planta. Así xurdiu a agricultura. As primeiras especies cultivadas foron o trigo e o arroz. Neolítico significa «pedra nova» e refírese á técnica coa que se fabricában ferramentas nesta época As primeiras aldeas Para cultivar as plantas e coidar o gando, as tribos tiñan que vivir preto das terras e dos animais. Por iso, asentáronse nun lu...