¡Feliz Día Europeo das Linguas!
Con motivo do Día Europeo das Linguas, celebramos a riqueza lingüística e cultural do noso continente con este vídeo en 9 idiomas: castelán, galego/portugués, catalán, euskera, inglés, italiano, francés, alemán e a lingua de signos. Parabéns a nosa clase polo seu interés e esforzo á hora de expresar "Feliz Día das Linguas" en lingua de signos! Para saber máis sobre esta celebración, visita o sitio web do Consello de Europa ou o grupo en Facebook de seguidores do Día Europeo das Linguas e así coñecer como se valora a diversidade lingüística por toda Europa. Feliz día a todos!