O Imperio Romao

Ola chic@s!!!! Hoy comenza a semana e imos ver un tema novo " O IMPERIO ROMANO". Antes de nada imos ver cómo se formou e nada mellor que acompañalo dun video explicativo que está xenial!!! Poñede moita atención.


O Imperio romano
No centro da península de Italia vivían tribos que no ano 753 a.C. se uniron e fundaron a cidade de Roma.
Os romanos crearon un grande imperio. 
 Primeiro, Roma conquistou toda a península itálica e, despois,
estendeuse pola costa mediterránea. Para iso, os romanos tiveron que vencer numerosos pobos, o que conseguiron grazas ás súas lexións.
O Imperio romano durou ata o ano 476, ano en que foi deposto o último emperador romano, Rómulo Augusto.

A conquista de Hispania
Os cartaxineses e os romanos enfrontáronse nas guerras púnicas. Por iso, no ano 218 a.C., os romanos chegaron
á península ibérica, venceron os cartaxineses e expulsáronos.
Despois, os romanos comezaron a conquista da Península, á que lle chamaron Hispania.
A conquista prolongouse uns 200 anos:
Primeiro, os romanos ocuparon en pouco tempo  costa mediterránea.
Máis tarde, conquistaron o interior da Península con máis dificultade, xa que os habitantes desa zona se resistiron.
Por último, conquistaron o norte. No ano 19 a.C., o
emperador Augusto venceu os pobos do norte e concluíu a conquista de Hispania.


image.png


image.png
A organización de Hispania
Os romanos organizaron o territorio de Hispania en cinco provincias: Bética, Lusitania, Tarraconense, Gallaecia
e Cartaxinense. Á fronte de cada unha había un gobernador



A TAREFA CONSISTE EN FACER UN ESQUEMA SOBRE A CONQUISTA DE ROMA EN HISPANIA NOS VOSOS CADERNOS

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO