viernes, 5 de junio de 2020

Os pobos Prerromanos

Ola rapaces!!!!! Hoxe para rematar a semana imos ver un novo tema " OS POBOS PRERROMANOS NA PEÍNSULA IBÉRICA"
A TAREFA VAI CONSISTIR EN FACER UN ESQUEMA NOS VOSOS CADERNOS SOBRE AS CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DOS ÍBEROS E DOS CELTAS 



image.png



No primeiro milenio antes de Cristo, a península ibérica estaba habitada por dous pobos distintos: os iberos e os celtas. 
Os iberos
Os pobos iberos ocuparon as terras do sur e do leste da península ibérica.
Vivían en grandes poboados amurallados construídos en zonas elevadas para facilitar a súa defensa. As súas casas eran rectangulares
e aliñábanse formando rúas.
Os iberos organizábanse en tribos. Moitas delas estaban gobernadas por un rei.
A maioría da poboación dedicábase á agricultura e á gandaría. Ademais, os iberos eran expertos artesáns. Fabricaban espadas de ferro, cerámica e tecidos.
Os pobos iberos coñecían a escritura e tiñan a súa propia moeda. Con ela comerciaban con outros pobos, como os fenicios e os celtas

image.png

Os celtas
Os pobos celtas instaláronse no norte e no centro da península ibérica.
Vivían en poboados amurallados e elevados chamados castros.
As súas casas tiñan forma circular e distribuíanse de maneira de sor de na da.
Os celtas organizábanse en tribos. A maioría deles dedicábase á gandaría. Ademais, os celtas eran especialistas na fabricación
de obxectos de ferro e bronce, como ferramentas, adornos ou armas, que utilizaban os seus guerreiros.
Os celtas descoñecían a escritura e non tiñan moeda propia.


image.png


image.png

image.png

VIDEO EXPLICATIVO DO TEMA:

No hay comentarios:

Publicar un comentario