As Fontes de Enerxía

Ola rapazada!!!!! Hoxe imos ver un novo tema
AS FONTES DE ENERXÍA

Toda a enerxía que empregamos nas nosas actividades procede das fontes de enerxía. Estas fontes encóntranse na natureza e divídense en:
 non renovables e renovables.

As fontes non renovables de enerxía

As fontes non renovables de enerxía son aquelas que existen nunha cantidade limitada e que se gastan a medida que se consomen.
As fontes non renovables son os combustibles fósiles e os combustibles nucleares.
Os combustibles fósiles son o carbón, o petróleo e o gas natural. O carbón e o gas natural empréganse
directamente. O petróleo, en cambio, debe transformarse antes de se usar. Del extráense combustibles,
como a gasolina e o gasóleo. Ademais, obtéñense outros produtos, como os plásticos. 
 Os combustibles nucleares son materiais que conteñen uranio ou plutonio. Estas substancias proporcionan moita máis enerxía ca os combustibles fósiles e empréganse para producir electricidade.
Vantaxes e inconvenientes
VANTAXES:

1ºPódense almacenar e transportar facilmente. Así, están 
dispoñibles en calquera momento.

2ºOs combustibles que se obteñen do petróleo son moi 
fáciles de utilizar, pois hai numerosos inventos pensados
para eles, como os automóbiles e a maioría dos vehículos
INCONVENIENTES:

1ºAntes ou despois terminarán por esgotarse.

2ºSon unha fonte de contaminación. Os combustibles 
fósiles producen fume ao queimarse que pode conter substancias tóxicas. Ademais, desprenden dióxido de carbono, que contribúe ao quecemento global.



A TAREFA DE HOXE CONSISTE EN FACER UN ESQUEMA  NOS VOSOS CADERNOS SOBRE AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES E O VINDEIRO DÍA IMOS VER AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO