AS TRANSFORMACIÓNS DA ENERXÍA

Ola rapaces , hoxe imos ver cómo pódese transformar a enerxía!!!!
As transformacións da enerxía
Unha das características da enerxía, pola que nos resulta tan útil, é que unha forma de enerxía se pode converter noutra.
Algunhas das transformacións que experimenta a enerxía son as seguintes:

1ºA enerxía química do combustible convértese en enerxía mecánica en diversos vehículos.

image.png






2ºA enerxía eléctrica convértese facilmente noutras: luminosa, mecánica e térmica.


image.png





3ºA enerxía química do combustible convértese en enerxía térmica nas calefaccións.
image.png





As centrais eléctricas
A enerxía eléctrica é unha das formas de enerxía máis utilizadas.
Nas centrais eléctricas prodúcese a transformación de distintas fontes de enerxía en enerxía eléctrica.

1ºNas centrais térmicas transfórmase a enerxía química dos 
combustibles en enerxía eléctrica. Os combustibles que se
empregan son o gas natural, o carbón e produtos que se obteñen do petróleo, como o gasoil.

2ºNas centrais eólicas utilízase a enerxía mecánica do 
vento.

3ºNas centrais hidráulicas aprovéitase a enerxía mecánica 
dunha corrente de auga.

4ºNas centrais solares transfórmase a enerxía luminosa que 
chega do sol. 

5ºNas centrais nucleares emprégase a enerxía nuclear do 
uranio e do plutonio.

image.png
A TAREFA DE HOXE CONSISTE EN DAR RESPOSTA AS SEGUINTES PREGUNTAS E FACER UN ESQUEMA DOS APUNTAMENTOS NOS VOSOS CADERNOS

PREGUNTAS
1ºIndica que transformación de enerxía se produce nas seguintes situacións:
Ao prender a luz nun cuarto.
Ao acender un misto.
Ao circular nun automóbil.

2º Indica en cales das centrais eléctricas se produce dióxido de carbono e por que ese gas supón un problema.

3 Indica que tipos de enerxía se empregan normalmente no fogar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO