A Idade Antiga

Ola rapazada hoxe imos ver unhas preguntas sinxelas que tedes que contestar nos vosos cadernos non vós esquezades do orde e da limpeza.
PREGUNTAS:
1ºQue son as pinturas rupestres?

.2º Explica o que son os monumentos megalíticos.
.
3ºCando comezou a Idade dos Metais?

4ºQue metais se utilizaron?

5ºCal foi o primeiro que se empregou?

Que inventos xurdiron nesta época?

6º Pensa e explica por que a vela e a roda favoreceron o comercio

SOLUCIÓNS:
1ºAs pinturas rupestres ou «pintura das rochas» son aquelas que realizaban os seres humanos da prehistoria sobre as paredes de rocha e os teitos das covas.

2 º Desde finais do Neolítico, os seres humanos construíron monumentos con grandes pedras, aos que se lles chama monumentos megalíticos. Os máis importantes
eran os menhires, os dolmens e os crómlechs.

3ºA Idade dos Metais comezou hai uns 7.000 anos.

4º Primeiro empregouse o cobre; máis tarde, o bronce; e finalmente, o ferro.

 5ºNesta época inventáronse o arado, que permitía labrar  cantidade de terra en menos tempo, a roda e a vela, que supuxo unha revolución á hora de viaxar.

6º A roda mellorou o transporte por terra, xa que posibilitou a construción de carros para trasladar tanto persoas como
mercadorías pesadas.
No que se refire á vela, propiciou que os barcos aproveitasen a forza do vento para coller máis velocidade e chegar a lugares
máis afastados. Ademais, grazas á vela, os barcos eran máis grandes, así que cabía máis material co que comerciar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO