ROMA

Ol@ chicos e seguimos con ROMA . IMAXINO QUE O VIDEO VOS GUSTOU MOITO!!!!!
POIS HOXE IMOS VER CÓMO VIVÍAN OS ROMANOS

A sociedade hispanorromana
A poboación de Hispania dividíase en dous grupos: os escravos e as persoas libres. 

Os escravos eran propiedade doutra persoa e non tiñan dereitos. A súa vida pertencía aos seus amos e non tiñan bens propios. Traballaban no campo, no servizo doméstico, nas minas ou como gladiadores.

As persoas libres eran os demais habitantes.
Había homes e mulleres moi ricos, como os patricios. Pero a maioría das persoas eran humildes: artesáns, pequenos comerciantes e campesiños. Estes coñecíanse como plebeos.

As vivendas dos romanos
Mentres que no campo existían as villae, nas cidades había dous tipos de vivendas: as insulae, para os plebeos; e as domus, para os PATRICIOS.

As insulae eran as vivendas das persoas pobres. Nelas vivían varias familias en pequenas casas. Eran edificios
de varios pisos e na parte de abaixo había comercios. Construíanse con madeira e materiais de pouca calidade.

image.png



As domus eran vivendas unifamiliares. Nelas vivían as persoas ricas.
Os cuartos distribuíanse arredor dun patio central. No centro había unha pía onde se recollía a auga da chuvia.
Adoitaban ter un amplo xardín.

image.png

A TAREFA CONSISTE EN COPIAR OS APUNTAMENTOS NOS VOSOS CADERNOS  E DECIR A SOCIEDADE E AS VIVENDAS.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO