Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19 de xuño de 2020. 
Poden solicitala:
  • en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». 
  • presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30
Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación  aquí.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO