As máquinas simples

Ola rapaces!!!! xa estamos a rematar o curso e o temario . Hoxe imos ver as máquinas simples e as máquinas compostas .Qué é iso???? Poñede moita atención.
A tarefa de hoxe vai consistir en facelo esquema nos vosos cadernos de naturais.

As máquinas simples

image.png
As máquinas simples son as que están formadas por unha soa peza ou por poucas. Son a polea, o plano
inclinado e a panca.
A polea
Unha polea é unha máquina que está formada por unha roda suxeita a algún soporte. Esta roda ten unha canle pola que pasa
unha corda ou unha cadea. Serve para elevar obxectos pesados.
Para iso, hai que exercer unha  forza sobre a corda que contrarreste o peso do obxecto.
A polea axúdanos porque con ela empregamos o peso do corpo para elevar o obxecto máis facilmente. 


O plano inclinado
Un plano inclinado é unha superficie plana que serve para elevar cargas a unha certa altura. Permítenos elevar
a carga empurrándoa, en vez de levantándoa, para o que se necesitaría máis forza.
Canto máis longo é o plano inclinado, menor é a forza que se debe facer, aínda que hai que aplicala ao longo de máis distancia.

A panca
Unha panca é unha barra ríxida que pode xirar sobre un eixe ou punto de apoio. As pancas serven para aumentar ou
diminuír a forza que se exerce sobre elas.


image.png

As máquinas compostas
Están formadas por moitas pezas diferentes. Realizan tarefas máis complexas cas que levan a cabo as máquinas simples e, con frecuencia, empregan fontes de enerxía como a electricidade ou os combustibles.


image.png

NESTE VIDEO EXPLICA MOI BEN AS MÁQUINAS SIMPLES E AS COMPOSTAS.




Zona de los archivos adjuntos
Vista previa del vídeo MÁQUINAS SIMPLES Y COMPUESTAS | Vídeos Educativos para niños de YouTubeAS SIMPLES Y COMPUESTAS | Vídeos Educativos para niño

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO