O Legado Romano

HOLA RAPACES!!!!! Qué tal a derradeira semana do curso ??? Seguro que moi ben , pois xa estamos a rematar . 
Hoxe imos ver qué nos deixaron os romanos na Península Ibérica a isto vámoslle chamar "O LEGADO ROMANO"
A tarefa vai consistir en facer un esquema dos apuntamentos nos vosos cadernos.

O LEGADO ROMANO

As cidades de Hispania
Os romanos fundaron moitas cidades en Hispania que imitaban os costumes de Roma.  Por exemplo, Tarraco
(Tarragona), Emerita Augusta (Mérida) ou Caesar Augusta (Zaragoza). Eran cidades amuralladas e con rúas rectas. O foro era a praza principal e o lugar onde se encontraban os edificios máis importantes.
Os romanos realizaron construcións moi sólidas con materiais como o cemento e o formigón.
Edificaron diferentes tipos de construcións. Tiñan anfiteatros, onde se celebraban loitas de gladiadores e feras; teatros, onde os actores representaban comedias e traxedias; e circos, onde se organizaban as carreiras de cuádrigas de cabalos. Había termas, onde se tomaban baños. E nos templos rendíase culto aos deuses romanos.
Construíron arcos de triunfo, calzadas, pontes e acuedutos, que servían para traer auga ás cidades.

A forma de vida dos habitantes da Península foi cambiando pouco a pouco e adaptándoseaos costumes romanos. Este proceso coñécese co nome de romanización.

A relixión e a cultura
Os romanos eran politeístas, é dicir, crían en numerosos deuses. Para renderlles culto, construíron templos,  onde os sacerdotes e sacerdotisas recibían ofrendas e sacrificaban animais.
No século i comezou a estenderse unha nova relixión por todo o Imperio romano: cristianismo, predicado por Xesús de Nazaret e polos seus seguidores.
Ao principio, os cristiáns foron perseguidos porque non aceptaban os deuses romanos.
Pero co paso do tempo, o cristianismo converteuse na relixión oficial de todo o Imperio romano.

Os romanos difundiron o seu idioma, o latín
que substituíu as linguas que se falaban na Península antes da conquista. Unicamente se mantivo unha lingua prerromana, o éuscaro.

A arte hispanorromana

image.png
Durante os séculos que os romanos estiveron en Hispania, construíron numerosos edificios que adornaban
con esculturas, decoraban as súas paredes con pinturas e os chans con mosaicos. Os mosaicos elaborábanse
con pequenas pezas de cores chamadas teselas, que se incrustaban en xeso fresco.
Os romanos deixaron importantes mostras da súa arte en Hispania, que aínda hoxe conservamos.

image.png

ACUEDUCTO DE SEGOVIA

image.png


TEATRO DE MÉRIDA

image.png
image.png
MOSAICOS

image.png

MURALLA DE LUGO



NESTE VIDEO EXPLICATIVO MOSTRA MOI BEN TODO O QUE NOS DEIXARON.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO