O Paleolítico

Ola de novo chic@s!!!!!!
Hoxe vamos falar da primeira etapa da PREHISTORIA " O PALEOLÍTICO"




MIRADE ISTE VIDEO CON MOITA ATENCIÓN:




Os primeiros poboadores
O Paleolítico 1 transcorre desde a aparición dos
seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o
descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría.
Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron
desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre,
en covas ou en chozas. Eran nómades e trasladábanse
dun lugar a outro na procura de alimento.
Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica
que utilizaban os seres humanos deste período
para fabricar ferramentas labrando a pedra.

Como se alimentaban
As persoas vivían da caza, da pesca e da
recolección de froitos silvestres. Asentábanse
en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí
había máis vexetación, pesca e animais que
se achegaban a beber. Cando esgotaban os
recursos dunha zona trasladábanse a outra.
Dos animais obtiñan carne para alimentarse,
ósos para facer ferramentas e peles para protexerse
do frío ou construír chozas.
Ao principio, consumían os alimentos crus.
Despois, co descubrimento do lume, empezaron
a cociñalos.
A vida no Paleolítico
Durante o Paleolítico, os homes e as mulleres
xuntábanse en pequenos grupos chamados
tribos.
A vida era moi dura e moitas persoas morrían
novas polo frío, pola escaseza de alimentos
ou polas feridas producidas por algún animal.
Os membros da tribo repartían as tarefas: uns
cazaban, outros recolectaban e outros fabricaban
ferramentas con pedra labrada ou con
ósos.
Con pedra fabricaban bifaces e coitelos,
raspadores para traballar a pel ou puntas
de frecha para cazar. Polo xeral, utilizaban
o sílex, que era un tipo de pedra fácil de
darlle forma e moi resistente.
Con óso fabricaban arpóns para pescar e
agullas.
No Paleolítico, os seres humanos eran
nómades. Alimentábanse do que obtiñan
na natureza e descubriron o lume. Agrupábanse
en tribos. Fabricaban ferramentas
con pedra e óso.

PODEDES COPIAR NA VOSA LIBRETA AS CARACTERÍSTICAS FUNDAMENTAIS DO PALEOLÍTICO.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO