Lectura e comprensión

Ola a todos, Qué tal pasastes estes días? Seguro que aproveitando o tempo en familia para facer un sin fin de cousas.
Como xa sabedes, hoxe comezamos ca 3ª avaliación en lingua galega, polo que vamos ver algúns contidos novos, non vistos na clase previo ao confinamento e outros que non vimos en lingua galega pero sí en lingua castelá. Como novidade na dinámica de traballo, indicareivos o contidos a traballar coa súa explicación (mediante vídeos, fichas ou no propio libro de texto); despois mandareivos algúns exercicios para traballar ese contido e comprobar se realmente o entendedes e por último engadirei na mesma entrada as solucións desas actvidades para que vós mesmos comprobedes se están ben ou non. Aínda así, sempre que teñades dúbidas, póndevos en contacto comigo no correo cuartoprimariafeijoozorelle@gmail.com. Así mesmo espero ver as fotos coas vosas actividades realizadas para levar rexistro dos que realizan as tarefas.

Pois comezamos a avaliación traballando LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA. Leremos a lectura das páxinas 136-137 e logo realizaremos os exercicios 1, 3 e 5 da páxina 138 para comprobar a nosa comprensión.
Aquí vos deixo o enlace coas solucións a estas actividades. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO