As disolucións

Ola chic@s!!!! Hoxe para comenzar a semana imos ver qué son as disolucións!!!!


As disolucións: é un tipo de mestura na que non poden verse os seus compoñentes.

Cando se mestura auga con sal, parece que
o sal desaparece totalmente, é imposible observar
ningún anaquiño de sal na auga. Aíndaque se empregue unha lupa moi potente, seguirá sen verse nada. Este tipo de mesturas son as disolucións.
Unha disolución é unha mestura na que resulta
imposible distinguir os seus compoñentes.

Outros exemplos de disolucións son a
mestura de auga con azucre ou a mestura de
alcohol e auga.
Algunhas susbtancias non forman nunca disolucións.
Por exemplo, a auga e o aceite
non forman nunca unha disolución, nin tampouco
a auga e a area.

A tarefa de hoxe consiste en copiar os apuntamentos nos vosos cadernos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero