A Idade dos Metais

Ola ne@s !!!!! imos có último período da prehistoria:

A IDADE DOS METAIS

image.png

image.png


A Idade dos Metais é o último dos períodos en que se
divide a prehistoria.

Os primeiros obxectos de metal
Hai uns 7.000 anos, as persoas comezaron a fundir e
forxar os metais para fabricar obxectos. Por iso, este
período coñécese como a Idade dos Metais.
Primeiro empregaron o cobre, máis tarde o bronce e
finalmente o ferro. Con estes metais facían armas, como
espadas e machadas; adornos, como broches ou brazaletes;
e ferramentas, como aixadas e fouces.
Os obxectos de metal eran ademais moito máis resistentes
ca os que se fabricaban con pedra en épocas anteriores.



Da aldea á cidade
As aldeas ricas en metais pouco a pouco foron
crecendo e convertéronse en poboados
e, máis tarde, en cidades, algunhas delas
habitadas por miles de persoas.
As cidades estaban rodeadas por murallas.
Os seus habitantes contaban cun xefe e con
guerreiros que os protexían no caso de sufrir
un ataque.
Nas cidades xurdiron novos oficios, como a
artesanía, aínda que a maior parte da poboación
se dedicaba á agricultura.
Nesta época, inventouse o arado, que permitía
labrar máis terra en menos tempo. Os
agricultores comezaron a producir máis alimentos
dos que eran capaces de consumir.
Por iso, intercambiaban o sobrante das súas
colleitas por outros produtos, como ferramentas
de metal, tecidos ou recipientes de cerámica.
Así xurdiu o comercio

A expansión do comercio

O comercio viuse favorecido polo invento da
roda e o da vela.
A roda : mellorou o transporte por terra, pois
fixo posible construír carros para trasladar
persoas e mercadorías pesadas.
A vela permitiulles aos barcos aproveitar a
forza do vento para adquirir máis velocidade.
Construíronse barcos máis grandes que
permitían o traslado de máis persoas e mercadorías.

Para que vós resulte máis sinxelo imos ver unpequeno resumo neste video



Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero