Jobshadowing
Ola a todos!
Hoxe queremos mostrarvos unha actividade que levamos a cabo cun público moi especial. Cinco mestras do Istituto Comprensivo Panocci (Turín) visitaron a nosa a aula para observar a labor pedagóxica que se leva a cabo na mesma.
A tarefa consistiu na selección de diferentes productos do supermercado para, posteriormente, realizar o "ticket" da súa compra, ordenando os produtos de maior a menor prezo. Unha vez feita a listaxe, debían indicar cal fora o total da súa compra, o diñeiro entregado (só podían empregar billetes para o pagamento) e finalmente, calcular a devolución.
Unha actividade moi completa e enfiquecedora onde tiveron que por en práctica diferentes contidos traballados ao longo do trimestre.
Podedes consultar máis información sobre o proxecto nesta entrada do Blog Erasmus+.
Comentarios
Publicar un comentario