Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

ENSINARTE

Imagen
 Aquí vos deixamos unhas imaxes do proceso e resultado do noso mural "ENSINARTE". Para a súa realización o alumnado buscou primeiramente diversas curiosidades en varios libros. Posteriormente, deseñaron un cartel con devandita curiosidade. Xa para rematar, elaboraron o mural e procederon a súa decoración.

E ti... Sabes por que?

 Aquí vos deixamos o marabilloso anuncio para o fomento da lectura que realizou o alumnado de 3º e 4º. Esperamos que o disfrutedes! https://youtu.be/tVMVScKuX-o

Mellorando as competencias dixitais (Jobshadowing II)

 Hoxe realizamos unha nova sesión na que o alumnado continuou a traballar no eido dixital dentro do proxecto KA 226 (Erasmus+). A sesión tivo como obxectivo coñecer e deseñar unha presentación dixital que posteriormente deberán expor ante o resto de compañeiros. De novo, contamos coa axuda de Valentina, mestra no Istituto Comprensivo Panocci (Turín), a que agradecemos a súa colaboración e axuda.

Jobshadowing

Imagen
Ola a todos! Hoxe queremos mostrarvos unha actividade que levamos a cabo cun público moi especial. Cinco mestras do Istituto Comprensivo Panocci (Turín) visitaron a nosa a aula para observar a labor pedagóxica que se leva a cabo na mesma. A tarefa consistiu na selección de diferentes productos do supermercado para, posteriormente, realizar o "ticket" da súa compra, ordenando os produtos de maior a menor prezo. Unha vez feita a listaxe, debían indicar cal fora o total da súa compra, o diñeiro entregado (só podían empregar billetes para o pagamento) e finalmente, calcular a devolución. Unha actividade moi completa e enfiquecedora onde tiveron que por en práctica diferentes contidos traballados ao longo do trimestre. Podedes consultar máis información sobre o proxecto nesta  entrada do Blog Erasmus+ .