CHEGOU O SAMAÍN

Un ano máis as nosas clases énchense de cabazas, morcegos e bruxas para dar a benvida ao Samaín. Repasamos a historia desta festa, a súa orixe celta e como a conmemoraban antaño os nosos antepasados coa lectura dun conto que nos deixou a mestra Ana.



Logo falamos desta tradición en México e como se celebra alí. Aproveitamos para facer unha pequena manualidade desta festa: un colgadoiro para as portas con unha Catrina.

 




Logo estivemos a cantar cancións propias destes días....





Por último, levamos un doce exquisito que nos trouxo o noso compañeiro Serxio para todos. Moitas grazas Serxio polo teu detallazo.


FELIZ SAMAÍN

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

DITADO EXPLOSIVO

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero