CHEGOU O SAMAÍN
Un ano máis as nosas clases énchense de cabazas, morcegos e bruxas para dar a benvida ao Samaín. Repasamos a historia desta festa, a súa orixe celta e como a conmemoraban antaño os nosos antepasados coa lectura dun conto que nos deixou a mestra Ana. Logo falamos desta tradición en México e como se celebra alí. Aproveitamos para facer unha pequena manualidade desta festa: un colgadoiro para as portas con unha Catrina. Logo estivemos a cantar cancións propias destes días.... Por último, levamos un doce exquisito que nos trouxo o noso compañeiro Serxio para todos. Moitas grazas Serxio polo teu detallazo. FELIZ SAMAÍN