Hola a todos hoxe vamos en lingua galega vamos a traballar ORTOGRAFÍA, máis concretamente o USO DA COMA E DO PUNTO E COMA. Aquí vos deixo un vídeo onde repasamos o uso da coma e do punto e coma. Agora vamos a copiar no caderno o cadro rosa da páxina 154 e para practicar vamos a facer os exercicios 1, 4 e 5. Aquí vos deixo as solucións destas actividades.
Ola de novo chic@s!!!!!! Hoxe vamos falar da primeira etapa da PREHISTORIA " O PALEOLÍTICO" MIRADE ISTE VIDEO CON MOITA ATENCIÓN: Os primeiros poboadores O Paleolítico 1 transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría. Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas. Eran nómades e trasladábanse dun lugar a outro na procura de alimento. Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica que utilizaban os seres humanos deste período para fabricar ferramentas labrando a pedra. Como se alimentaban As persoas vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos silvestres. Asentábanse en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí había máis vexetación, pesca e animais que se achegaban a beber. Cando esgotaban os recursos dunha zon...
Para rematar a semana o pasado venres os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha actividade na aula dinámica e moi motivante para eles, xa que a lingua galega nos costa un poquiño, quixemos facer dun ditado de palabras un pouco explosivo.
Comentarios
Publicar un comentario