Benestar emocional
Seguimos traballando nas emocións, tratando de buscar a harmonía e a tranquilidade tanto con nós mesmos como co mundo que nos rodea. Para elo, este mes levamos a cabo a unidade didáctica "xogos reunidos", a través da cal coñecemos unha valiosa historia sobre a importancia da verdade e o traballo en equipo. Posteriormente realizamos entre todos varios xogos interactivos. Que importante é traballar en equipo!