Hoxe o noso alumnado de 4º foi a disfrutar do seu premio "Programa Si". Asistimos a unha clase de escalada no rocódromo do pavillón dos Remedios! Foi un día xenial! Aquí vos deixamos un resumo:
Hoxe tivemos o pracer de contar con Oti para a realización dun magnífico taller de contos onde aprendemos moito sobre a temática: a súa historia, os autores máis coñecidos, as súas variacións ao longo da historia... E tamén creamos o noso propio conto!!
Para conmemorar o Dia do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, o alumnado de 4º estivo a indagar neste fermoso libro "Salvemos o planeta" para obter respostas a diversas preguntas relacionadas coa temática: Canta comida tiramos? Que facemos cun electrodoméstico que xa non nos serve? A onde van parar os refugallos das tuberías? É limpa a enerxía nuclear?...
O noso alumnado de 4º, 5º e 6º ven de gañar o premio nacional na súa categoría grazas a xenial historia ODISEA INTERESTELAR e aos seus extraordinarios debuxos. Podedes disfrutala neste genially: https://view.genial.ly/6272d1bd8144f70018470c4c/presentation-odisea-interestelar NORABOA A TODOS. E TODAS:
Seguimos traballando nas emocións, tratando de buscar a harmonía e a tranquilidade tanto con nós mesmos como co mundo que nos rodea. Para elo, este mes levamos a cabo a unidade didáctica "xogos reunidos", a través da cal coñecemos unha valiosa historia sobre a importancia da verdade e o traballo en equipo. Posteriormente realizamos entre todos varios xogos interactivos. Que importante é traballar en equipo!
Hoxe, durante a xornada matinal, asistimos a un taller de cociña onde elaboramos 3 receitas riquísimas: galletas sen manteiga, croissants recheos de chocolate e granizados de diversas frutas (amorodos, kiwi, plátano, arándanos, limón, mango...). Pasámolo xenial e aprendemos un montón!