As máquinas simples
Ola rapaces!!!! xa estamos a rematar o curso e o temario . Hoxe imos ver as máquinas simples e as máquinas compostas .Qué é iso???? Poñede moita atención.
A tarefa de hoxe vai consistir en facelo esquema nos vosos cadernos de naturais.
inclinado e a panca.
A polea
Unha polea é unha máquina que está formada por unha roda suxeita a algún soporte. Esta roda ten unha canle pola que pasa
unha corda ou unha cadea. Serve para elevar obxectos pesados.
Para iso, hai que exercer unha forza sobre a corda que contrarreste o peso do obxecto.
A polea axúdanos porque con ela empregamos o peso do corpo para elevar o obxecto máis facilmente.
O plano inclinado
Un plano inclinado é unha superficie plana que serve para elevar cargas a unha certa altura. Permítenos elevar
a carga empurrándoa, en vez de levantándoa, para o que se necesitaría máis forza.
Canto máis longo é o plano inclinado, menor é a forza que se debe facer, aínda que hai que aplicala ao longo de máis distancia.
A panca
Unha panca é unha barra ríxida que pode xirar sobre un eixe ou punto de apoio. As pancas serven para aumentar ou
diminuír a forza que se exerce sobre elas.
Unha panca é unha barra ríxida que pode xirar sobre un eixe ou punto de apoio. As pancas serven para aumentar ou
diminuír a forza que se exerce sobre elas.
As máquinas compostas
Están formadas por moitas pezas diferentes. Realizan tarefas máis complexas cas que levan a cabo as máquinas simples e, con frecuencia, empregan fontes de enerxía como a electricidade ou os combustibles.
NESTE VIDEO EXPLICA MOI BEN AS MÁQUINAS SIMPLES E AS COMPOSTAS.
Vista previa del vídeo MÁQUINAS SIMPLES Y COMPUESTAS | Vídeos Educativos para niños de YouTubeAS SIMPLES Y COMPUESTAS | Vídeos Educativos para niño
Comentarios
Publicar un comentario