As Fontes de Enerxía
Para rematar a semana imos ver as fontes de ENERXÍA RENOVABLES:
As fontes renovables son aquelas que non se gastan porque se producen constantemente.
As máis importantes son o sol, o vento, as correntes de auga e os restos vexetais, como a leña.
Antes, estas fontes empregábanse directamente.
Hoxe en día, estas fontes úsanse, sobre todo,para producir enerxía eléctrica nas centrais.
Vantaxes e inconvenientes
As principais vantaxes dai das fontes renovables
son as seguintes:
1ºEstas fontes non se esgotan, pois prodúcense continuamente.
2ºSon moito menos contaminantes ca os combustibles fósiles.
Con todo, tamén teñen inconvenientes:
1ºNon sempre están dispoñibles. O sol, por exemplo, só se pode empregar durante o día e o vento non sempre sopra.
2ºSon difíciles de empregar directamente. O habitual é transformalas en enerxía eléctrica, que é difícil de almacenar.
AGORA IMOS VER UN VIDEO EXPLICATIVO SOBRE AS DIFERNTES FONTES DE ENERXÍA
A TAREFA DE HOXE CONSISTE EN FACER O ESQUEMA DAS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES NOS VOSOS CADERNOS
Comentarios
Publicar un comentario