As Fontes de Enerxía
Ola rapazada!!!!! Hoxe imos ver un novo tema
AS FONTES DE ENERXÍA
As fontes non renovables de enerxía
As fontes non renovables de enerxía son aquelas que existen nunha cantidade limitada e que se gastan a medida que se consomen.
As fontes non renovables son os combustibles fósiles e os combustibles nucleares.
Os combustibles fósiles son o carbón, o petróleo e o gas natural. O carbón e o gas natural empréganse
directamente. O petróleo, en cambio, debe transformarse antes de se usar. Del extráense combustibles,
como a gasolina e o gasóleo. Ademais, obtéñense outros produtos, como os plásticos.
Os combustibles nucleares son materiais que conteñen uranio ou plutonio. Estas substancias proporcionan moita máis enerxía ca os combustibles fósiles e empréganse para producir electricidade.
Vantaxes e inconvenientes
VANTAXES:
1ºPódense almacenar e transportar facilmente. Así, están dispoñibles en calquera momento.
2ºOs combustibles que se obteñen do petróleo son moi fáciles de utilizar, pois hai numerosos inventos pensados
para eles, como os automóbiles e a maioría dos vehículos
1ºAntes ou despois terminarán por esgotarse.
2ºSon unha fonte de contaminación. Os combustibles fósiles producen fume ao queimarse que pode conter substancias tóxicas. Ademais, desprenden dióxido de carbono, que contribúe ao quecemento global.
Toda a enerxía que empregamos nas nosas actividades procede das fontes de enerxía. Estas fontes encóntranse na natureza e divídense en:
non renovables e renovables.
As fontes non renovables de enerxía
As fontes non renovables de enerxía son aquelas que existen nunha cantidade limitada e que se gastan a medida que se consomen.
As fontes non renovables son os combustibles fósiles e os combustibles nucleares.
Os combustibles fósiles son o carbón, o petróleo e o gas natural. O carbón e o gas natural empréganse
directamente. O petróleo, en cambio, debe transformarse antes de se usar. Del extráense combustibles,
como a gasolina e o gasóleo. Ademais, obtéñense outros produtos, como os plásticos.
Os combustibles nucleares son materiais que conteñen uranio ou plutonio. Estas substancias proporcionan moita máis enerxía ca os combustibles fósiles e empréganse para producir electricidade.
Vantaxes e inconvenientes
VANTAXES:
1ºPódense almacenar e transportar facilmente. Así, están dispoñibles en calquera momento.
2ºOs combustibles que se obteñen do petróleo son moi fáciles de utilizar, pois hai numerosos inventos pensados
para eles, como os automóbiles e a maioría dos vehículos
INCONVENIENTES:
1ºAntes ou despois terminarán por esgotarse.
2ºSon unha fonte de contaminación. Os combustibles fósiles producen fume ao queimarse que pode conter substancias tóxicas. Ademais, desprenden dióxido de carbono, que contribúe ao quecemento global.
A TAREFA DE HOXE CONSISTE EN FACER UN ESQUEMA NOS VOSOS CADERNOS SOBRE AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES E O VINDEIRO DÍA IMOS VER AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES
Comentarios
Publicar un comentario