Ola a todos, hoxe comezamos a semana repasando contidos vistos anteriormente. Para isto faremos da páxina 171 o nº 3 (as oracións), nº4 (suxeito e predicado), nº5 (signos de puntuación) e nº 7 (os adverbios). Aquí tedes as solucións.
Para rematar a semana o pasado venres os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha actividade na aula dinámica e moi motivante para eles, xa que a lingua galega nos costa un poquiño, quixemos facer dun ditado de palabras un pouco explosivo.
O pasado 26 de Setembro celebrouse o día das linguas Europeas, os alumnos e alumnas de 4º de primaria participaron con moita ilusión e motivación debuxando saúdos en diferentes idiomas.
Comentarios
Publicar un comentario