Arte rupestre

Ola chic@s!!! Un día máis e comenzamos a semana. Hoxe imos ver a arte rupestre.

As pinturas rupestres
Os seres humanos da prehistoria decoraban as paredes e os teitos das súas covas con pinturas. Por iso, coñécese este tipo de manifestación artística como pintura rupestre, que significa «pintura das rochas».

Utilizaban cores moi vivas que obtiñan machucando 
minerais e mesturándoos con graxa
animal. Por exemplo, o negro obtíñano do
carbón; a cor amarela, do ocre; e a cor vermella, do manganeso.

Para aplicar a cor utilizaban as mans e pinceis 
feitos con pelos de animais
PINTURA DO PALEOLÍTCO:
Durante o Paleolítico, adoitaban pintar animaisen manda ou illados.

PINTURA DO NEOLÍTICO

No Neolítico, aínda que os animais seguían 
aparecendo, empezáronse a representar grupos de persoas realizando actividades cotiás, a caza ou a danza.

AS PINTURAS RUPESTRES NA PENÍNSULA

Na península ibérica destacan as pinturas da 
zona cantábrica e da zona levantina. 

1ºNa zona cantábrica, as pinturas realizáronse durante o Paleolítico. Representan animais:
mamuts, bisontes, cervos, cabalos...
Están feitas con gran realismo e utilizan varias cores. Destacan as pinturas das covas de Altamira (Cantabria), Tito Bustillo (Asturias) e Ekain (País Vasco).

2ºNa zona levantina, as pinturas realizáronse durante o Neolítico. Representan persoas
danzando, cazando ou recolectando.
Son esquemáticas e dunha soa cor. Destacan as pinturas da cova da Araña (Comunidade Valenciana), El Cogul (Cataluña) e Alpera (Castela-A Mancha).

Neste video podedes ver a COVA DE ALTAMIRA qué é impresionante.




image.png

AQUÍ TEMOS UN EXEMPLO DA PINTURA DO PALEOLÍTICO

image.png


AQUÍ TEMOS UN EXEMPLO DA PINTURA DO NEOLÍTICO

A tarefa de hoxe consiste en facer un esquema nos vosos cadernos da arte rupestre .

Comentarios

Entradas populares de este blog

O Paleolítico

Salida al Teatro principal para asistir ao programa de Carlos Alsina- Onda Cero

DITADO EXPLOSIVO