As disolucións
Ola chic@s!!!! Hoxe para comenzar a semana imos ver qué son as disolucións!!!!
Cando se mestura auga con sal, parece que
o sal desaparece totalmente, é imposible observar
ningún anaquiño de sal na auga. Aíndaque se empregue unha lupa moi potente, seguirá sen verse nada. Este tipo de mesturas son as disolucións.
Unha disolución é unha mestura na que resulta
imposible distinguir os seus compoñentes.
Outros exemplos de disolucións son a
mestura de auga con azucre ou a mestura de
alcohol e auga.
Algunhas susbtancias non forman nunca disolucións.
Por exemplo, a auga e o aceite
non forman nunca unha disolución, nin tampouco
a auga e a area.
A tarefa de hoxe consiste en copiar os apuntamentos nos vosos cadernos.
Comentarios
Publicar un comentario