Monumentos Megaliticos
Ol@ chicos !!!! Hoxe rematamos o tema da prehistoria e da arte nela cós MONUMENTOS MEGALÍTICOS.
A tarefa de hoxe consiste en facer un esquema dos monumentos e facer o debuxo dos mesmos.
Desde o final do Neolítico, as persoas construíron monumentos con grandes pedras
chamadas megálitos. Por iso, estas construcións reciben o nome de monumentos
megalíticos.
Os principais monumentos megalíticos eran
os menhires, os dólmens e os crómlechs.
Os menhires son grandes pedras alongadas espetadas verticalmente no chan.
Os dolmens son grandes pedras verticais cubertas por unha lousa.
Os crómlechs son grandes pedras verticais que forman un círculo.
O MÁIS FAMOSO DO MUNDO É O DE STONEHENGE EN INGLATERRA!!!! QUÉ É O DA FOTOGRAFÍA!!!!!
MIRADE CON ATENCIÓN O VIDEO EXPLICATIVO DOS MONUMENTOS MEGALÍTICOS!!!!
Comentarios
Publicar un comentario