Ola de novo chic@s!!!!!! Hoxe vamos falar da primeira etapa da PREHISTORIA " O PALEOLÍTICO" MIRADE ISTE VIDEO CON MOITA ATENCIÓN: Os primeiros poboadores O Paleolítico 1 transcorre desde a aparición dos seres humanos, hai uns cinco millóns de anos, ata o descubrimento que fixeron da agricultura e da gandaría. Os primeiros poboadores da península ibérica chegaron desde África hai un millón de anos. Vivían ao aire libre, en covas ou en chozas. Eran nómades e trasladábanse dun lugar a outro na procura de alimento. Paleolítico significa «pedra antiga» e fai referencia á técnica que utilizaban os seres humanos deste período para fabricar ferramentas labrando a pedra. Como se alimentaban As persoas vivían da caza, da pesca e da recolección de froitos silvestres. Asentábanse en lugares próximos aos ríos e lagos. Alí había máis vexetación, pesca e animais que se achegaban a beber. Cando esgotaban os recursos dunha zon...
Comentarios
Publicar un comentario